nin eu llo pedín, nin ela mo deu
Cantiga
E para que non digan
que tal o que cual
que fun ou non fun
que tal que sei eu…
nin eu llo pedín
nin ela mo deu.
Leer más »
Almejas ricas en oligoelementos
Hace unos dias salía una estadística que afirmaba que el semen de los gallegos es el mejorcito de España. Hice una referencia a ello aqui. Hoy publican otra que afirma que las gallegas somos las más satisfechas sexualmente (ver).
Reflexionando, he llegado a la conclusión de que esto se debe al buen sabor de nuestras almejas.
Recuerden que Galicia tiene más quilómetros de costa que el resto de la península junta gracias a nuestras rías sinuosas, y recuerden que están plagadas de los bivalvos más sabrosos del planeta ( almejas, berberechos, mejillones, croques…). Recuerden también que Afrodita se alimentaba de estos frutos marinos (afrodisiacos) y de hecho, surgió del mar en una concha. O sea que, como lo que se come se cría, nuestras almejitas están para chuparse los dedos Y los varones locales lo saben, se las comen, se les llenan los testículos de semen de alta calidad… y nos tienen contentas, claro.
As cantigas quentiñas
Encántame a sensualidade implícita ou explícita dos cantares populares galegos. Encántame a ironía leda no tema sexual.
Penso que todos eses alalás teñen moito que aprendernos para cando chega o devezado intre da cópula, moito que aprendernos e tamén moito para facernos escachar coa risa.
Emulando a Rosalía de Castro en “Cantares galegos” (obra que me engaiola) recopiei estrofas dalgúns cantares e fixen contiños ou explicacións máis ou menos fantasiosas de diferentes asuntos relacionados coa sensualidade.
Irei metendo estes contos en entradas do blog, pero quedan todas recopiladas na categoría “cantigas quentiñas”.
A cona da vella
Unha vella en tempos de guerra
fixo da cona un campo de area.
Lara larala la
Fixo ben! fixo ben!
Na cona da vella non manda ninguén.
Agora haiche moito llellé que anda as voltas coa teima de si os da terceira idade teñen a sexualidade esperta… teñen, teñen! E logo non ían ter?
A mulleriña do conto seica era unha boa veciña, de cona farturenta, que chegados tempos de guerra alentaba aos combatentes do mellor xeito que sabía: a coitada dela dáballes aos esfameados militares do seu bacallao, un tanto desalgado. Aos soldadiños debía de gustarlles porque a un home non che é nada sinxelo forzalo a comer se non quere, e estes papaban a eito. En ringleira esperaban… e cómo reverdecía ela!
Fixo ben, fixo moi ben!
Culto á longaniza
Arroz con chícharos,
patacas novas,
repolo de Betanzos
e máis cebolas.
Todo isto está moi saboroso, para comer ate a fartura, pero son migallas se o comparamos coa longaniza que pousou nos meus beizos con tanto agarimo aquel montañés de Fornelos.
Lambe!
Abre as miñas pernas e contempla, emociónate.
Ule, sopra e bica.
Masaxea o que esconden os beizos pechados. Amodo, amodiño.
Os pétalos separaranse soíños: entón lambe. Saca a lingua e pásaa por toda a cuncha (evita o capuchón erguido, abórdao dende os arredores).
Cando a froita estea ben madura, introduce dous dedos. Debes atopar esa zona rugosa que destaca na gruta contra o ventre. Aí as caricias suben en potencia, pero a túa lingua continúa o seu traballo delicado.
Sigue, sigue… e beberás o mel que a miña copa verte pola túa gorxa.
A praia dos alemáns
Quen puidera ser merliño
E ter o pico encarnado
Para facer o meu niño
no teu cabelo dourado.
O conto foi que o rapaz fora a praia dos alemáns , gustoulle e voltaba ano tras ano co seu libro nas mans e seus anceios nos miolos, sempre soíño, sempre asexando. Gustáballe o sol quentando o cu, gustáballe nadar en cirolas e pasear co pinganiño choutando entre as pernas, pero sobretodo gustaba de mirar ás mulleres nesa nudez real tan desemellante á nudez das revistas.
Leer más »
O remo teso de David Cal
Contentoume que David Cal fora o abandeirado de España onte en Pekin. Quixera que David gañara moitos ouros nestas olimpíadas por un motivo sexual. O noso David estache moi ben. Claro, pasou a meirande parte da súa mocidade a remar nas nosas augas. Os bañistas podían mirar ao noviño David vogando pola ría adiante, suando a camiseta ao sol, rebentando os seus bíceps e tríceps na praia de Aldán. Era espectáculo de mirar, entrenando en inverno con vento e marea, con esa forza de espírito dun deportista de élite, co seu potente corazón bombeando o sangue todo polas veas inflamadas debaixo desa pel cheirando salitre.
Leer más »
O paxaro de María
O paxaro de María
mete o ravo entre as silveiras
Asi fan as boas mozas
cando non hai quen as queira.
María non ten quen lle dea un axóusere. Esta situación que a moitos fai rir, non ten gracia ningunha, senón mais ben eche para chorar. María é boa moza, de perna xeitosa, feitiña de cara e anda quente pero non atopa home que lle faga ás beiras. “Anda moi mal a lonxa”, di ela. Como ademáis de boniteira é de xenio desperto busca solución ao seu desacougo. Conseguiu un ferragacho moi xeitoso, e ainda que non é o mesmo que un natural pola temperatura e polo movemento, a ela dalle o acougo que necesita. María mete o paxaro entre as silveiras e despois durme relaxada.
As cantigas quentiñas
Hai tempo que ando a barallar nunha teima :
Influirannos as cantigas que dende nenos cantabamos na casa dos avós en cabodano arredor da lareira, cantigas cheiñas de metáforas sexuais tan poéticamente agachadas? Leer más »
Temos os galegos unha sensualidade intrínseca? Un xeito diferente de ver o xoguiño da reproducción?







RSS




