A viúva
Aos que falades galego, invítovos a ler o conto que escribín para o xornal Certo este mes. É unha historia coa que quedei ben contenta.
A ver se gusta…
Relato de la sensualidad del señor Edelmiro (y Manolito)
(El relato que sigue lo he escrito en gallego. A los que gusten de leer en esta lengua les aconsejo que pinchen aquí y lo lean tal y como fue concebido).
.
.
El señor Edelmiro.
A Edelmiro lo que más le gusta es el pescadito frito, la tortilla de patatas con chorizo, que gane el Dépor, y que el chochito de su mujer haga chof-chof.
Me explico: el pescado frito no le gusta todo por igual, muestra preferencia por la raya, por los rapantes de tamaño recortado y por los chinchos, que traga con espina, cabeza y todo.
La tortilla, bien hecha por fuera y cruda por dentro, con el huevo deshecho, igual a la textura que le chifla encontrar en la almeja de Mari Luz, que parece sequita, pero al explorar un poco con los dedos o con “Manolito” (Edelmiro bautizó a su pene como Manolito), siempre encuentra una pulpa jugosa que hace las delicias de Edelmiro y de Manolito.
Miro se siente afortunado con esa rosa calentita, esa fuente de miel que Dios le dió a su mujer y ella -¡Princesa!- le presta:
- ¡Tienes el coñito más generoso del mundo!, dice Edelmiro, pese a que sólo conoció otro y de eso hace tantos años que ya no se acuerda.
¡Ay! Cómo le gusta a Miro escuchar el chof-chof que hace Manolito al entrar y salir del pozo líquido de su esposa. Se siente muy orgulloso, como si fuera mérito propio, exactamente igual que cuando gana el Dépor, que también lo vive como un triunfo personal, sobre todo cuando mete goles en casa y va carretera alante tocando la bocina, dando el coñazo a los que no somos tan futboleros.
Dia del libro erótico
Hoy es el día del libro. Mi consejo es regalar un libro erótico.
Una lectura calentita antes de dormir ayuda a que los sueños sean lúbricamente activos, nada mejor que desarrollar la fantasía sensual para conducirnos hacia el placer, en soledad o compañía.
………………………………………………………
Aos que lles guste ler erotismo en galego recoméndolles o méu, máis que nada porque moita cousa non hai editada: Fantasías Eróticas Para Paspallás.
Recórdovos que cada xoves, no xornal Certo, sae un novo relato. Nesta ocasión falo da sexualidade confusa dunha preñada.
As pernas gordas
Tódalas mozas de Bouzas,
levan dous pares de medias
para que digan os homes
que gordas teñen as pernas.
As boucenses non tiñan quen mirara pra elas, coas súas perniñas eslamiadas, coas súas meixelas famentas, que nin cara tiñan para se persignar. Se viviran hoxe serían modelos de pasadela, pero daquela tentaban engordar o seu corpo a forza de iren abrigadas coma repolos ás festas: dous pares de medias, dúas camisas, unha saia enriba doutra.
Seica aos homes chistábanlle entradiñas en carnes, aquelas de cus de cesta, de xamóns e lacóns con bo unto.
A historia das modas é que sempre unhas ou outras temos que andar ao desemulo.
Fun polo vento e vin polo aire
Á taberna do meu compadre
fun polo vento e vin polo aire
lara lalara lalá
e como cousa de encantamento
fun polo aire e vin polo vento.
Ao compadre escapóuselle a leitogada toda… Aló se foi nun dicir amén.
-Non sei que me pasou, dígoche que é cousa de encantamento, eu fun, entrei e xa me vin polo aire, polo vento, di o home todo aturullado.
Os outros rin, rin a cachón e danse nas costas os uns aos outros coma se con eles non fora a cousa. E vai, vai con todos eles!
A alma ten pudores defendidos con reixas de ferro, vergoñas que gusta tapar con
adobíos de chumbo. Cando o carallo dun home cae de calquera xeito e non volve erguer no momento, papa un medo que os cans ouvean na súa orella ventando á morte. O que sexa ben asisado busca por aquí, cachea por acolá e tenta de atopar o caminiño que leva ao picho de ferro da fonte crara.
Camiños haberlos hailos, mais moito machote non ten fe neles.
O señor cura
O señor cura non baila
porque ten unha coroa.
Baile señor cura baile!
que Dios todo llo perdoa.
Este cura galego non debía de ser porque os de aquí non tiñan por costume pórlle reparos ao baile, eles xa sabían que Dios perdoa… e logo non había de perdoar?
Vexan e comparen…
Ata casar
Cando me case xa teño un galo
xa miña nai non me ten que dalo.
Lara lalara lala
Cando me case xa teño un polo
xa miña nai non me ten que dar todo.
Ai que contentiña está a rapaza! Ai cando chegue o seu casamento! Ai cando chegue o polo repoludo! A moza é limpa de conducta e ten a vontade de non consentir o arrimo como lle aconsella a súa nai. Ela deveza un capitán de navío, e como na primeira mocidade todo semella fácil e facedeiro, pensa esperar a ser casada para ter un galo de séu ao que despelexar.
-Cando me case terei un galo!, di ela. Dos olliños sáenlle unhas pintiñas de inquedanza.
Foi duro, é duro para moitas mulleres a carallada esa de esperar a comer carne ata baixaren do altar. Tivo en Galicia tanta forza como noutros sitios? Penso que non: os muiños, o entroido, as festas, as viñas, o millo e a primaveira no agro tiñan mais empuxe que a ríxida moral.
Xeado quente
Cando era nena, lambía no xeado con paixón…pero tamén con desacougo porque aquilo minguaba con cada lambida. Agora atopei un doce quentiño que canto mais lambes, mais medra e medra…

Certo
Estoy muy contenta porque el periódico de nueva creación Certo ha tenido el gusto de contar conmigo como colaboradora. En él publicaré mis fantasías en gallego, que podéis leer aqui.
Mi agradecimiento a los responsable de Certo, un periódico bien hecho de la bisbarra de Barbanza, tierra maravillosa donde la naturaleza se excede en belleza, la gastronomía adquiere cotas de ambrosía y lugar en el que las viñas, los campos de millo, los muiños de agua y los horreos para la paja llevan inexorablemente al erotismo campestre.
Bifálico
Cando o bo do home abriu a porta, e topou coa dona fodendo co veciño, botou as mans á cabeza.
Ela, sen deixar de mover os cadrís, díxolle:
-Achégate meu ben! Se na nosa terriña non temos problemas co bilingüismo… Por qué habiamos de telos co bifalismo??







RSS



