Cantigas quentiñas
Nin subo nin baixo
Maruxiña do forneiro
se coceras faime un bolo
se mo fas faimo de millo
que de trigo non cho como.
E pra que non digan que tal e que cual
que fun ou non fun
que tal que sei eu,
nin eu llo pedín nin ela mo deu.
Moi mal, moi mal feito! De que lles ten que importar o que ande a falar a xente! Maruxiña quería facerlle o bolo, e o home devezaba aquel boliño de millo quente coma ánima que leva o demo, e vai e non llo pide, e vai ela e non llo fai, e os dous parvos quedaron sen comeren.
Cantos canivetes haberanse esvaído nos anceios pola covardía duns e doutros!
O paxaro de María
O paxaro de María
mete o ravo entre as silveiras
Asi fan as boas mozas
cando non hai quen as queira.
María non ten quen lle dea un axóusere. Esta situación que a moitos fai rir, non ten gracia ningunha, senón mais ben eche para chorar. María é boa moza, de perna xeitosa, feitiña de cara e anda quente pero non atopa home que lle faga ás beiras. “Anda moi mal a lonxa”, di ela. Como ademáis de boniteira é de xenio desperto busca solución ao seu desacougo. Conseguiu un ferragacho moi xeitoso, e ainda que non é o mesmo que un natural pola temperatura e polo movemento, a ela dalle o acougo que necesita. María mete o paxaro entre as silveiras e despois durme relaxada.
As cantigas quentiñas
Hai tempo que ando a barallar nunha teima :
Influirannos as cantigas que dende nenos cantabamos na casa dos avós en cabodano arredor da lareira, cantigas cheiñas de metáforas sexuais tan poéticamente agachadas? Leer más »
Temos os galegos unha sensualidade intrínseca? Un xeito diferente de ver o xoguiño da reproducción?
O clítoris
Escoitade a falabarato:
Clip de audio: Es necesario tener Adobe Flash Player (versión 9 o superior) para reproducir este clip de audio. Descargue la versión más reciente aquí. También necesita tener activado Javascript en su navegador.
“E pousa e pousa e pousa Leer más »
e non me toques naquela cousa
lara lalara lalá



RSS




