Cantigas quentiñas
A viúva
Aos que falades galego, invítovos a ler o conto que escribín para o xornal Certo este mes. É unha historia coa que quedei ben contenta.
A ver se gusta…
Collín, collín, collín.
Collín, collín, collín Leer más »
claveles e rosas
e pensamen e pensamen e pensamentos.
Pala-pala-pala-palabras amorosas
que leva o ven- que leva o ven- que leva o vento.
Flores collín flores collín
Flores no teu xardín.
Os mariñeiros
Cantiga:
O maniñeiro traballla
De noite coa luz da lúa
Da gusto velos chegare
Pola mañán cedo
Cheirando a frescura.
Os mariñeiros gústanme todos, ou case todos, polo que representan dos meus ancellos. Síntome perto deles e téñolles agarimo morriñento.
Como digo, gústanme todos, os de altura e os de baixura, pero hoxe vou falar dos que pescan con cana nas areas do peirao mais recunchadiñas.
Se vos fixades, moitos deles acostuman a permanecer en pe coa cana na man dereita e a esquerda metida no peto do pantalón. Non hai quen me quite da cabeza que a man do peto sostén a outra cana, esa máis grosa e quentiña.
A pesca é un deporte tranquilo, para reflexionar e disfrutar da contemplación, un deporte que asosega as ánimas e eses empalmes dos mariñeiros son síntoma de saúde física e psíquica. Agarran a verga mariñeira, o xurelo fresquiño, apretando coa man de fronte ao mar: casados co vento e coas ondas mainiñas de ría sosteñen a pulso esa ecolóxica erección.
Pero ademais de estar a apalpar na cana e a ollar o mar, gústalles encher o caldeiro de peixes. Algúns, os mais avarentos, cantos máis peixes collen mais envarillados se poñen.
Carmiña, Carmela
Ven bailar Carmiña, Carmiña Carmela,
Con zapato baixo e media de seda
Con media de seda, con media calada
Ven bailar Carmiña miña namorada.
A Carmela é bonita toda ela, pero somentres con mirárllelas pernas arrímanse os cans ás paredes.
O seu mozo é fetichista, e ela dálle polo gusto.
Ao namorado gústalle ollala bailar con eses zapatiños de tacón baixo, descotados polo empeine, con esa media de filigrana calada que lle sube polas coxas a Carmiña e acariña a pel da namorada co movemento do baile.
.
O que non sabemos é se a Carmela leva as ligas de seda, as cintas de raso, a braga de encaixe, ou qué raños levará debaixo da saia, pero o namorado sabe… ai! el sabe.
A causa do meu querer
E bate fado,
e bate ben,
ti eres a causa
do meu querer.
Bonita de cara, xeitosa de corpo e leda de xenio, non era quen de orgasmar. Tentouno coas mans, tentouno co chisme e mesmo co mozo, pero nada.
A piques, pero nada.
Rezoulle á Virxe, pediullo a san Antoniño e ofreceuse ao Apóstolo pero o que fixo o milagre foi un pantalón vaqueiro moi axustadiño mentres baixaba a todo correr escadas abaixo dende o sétimo.
Sentiu unhas coxeguiñas, pola quinta planta, logo un bulir chistoso xa na segunda, e por fin as explosións en forma de palpitacións chegando á primeira.
Aos días seguintes, convertiu esas sensacións na causa do seu querer, e veña a bater fado, e veña a bater ben..
As pernas gordas
Tódalas mozas de Bouzas,
levan dous pares de medias
para que digan os homes
que gordas teñen as pernas.
As boucenses non tiñan quen mirara pra elas, coas súas perniñas eslamiadas, coas súas meixelas famentas, que nin cara tiñan para se persignar. Se viviran hoxe serían modelos de pasadela, pero daquela tentaban engordar o seu corpo a forza de iren abrigadas coma repolos ás festas: dous pares de medias, dúas camisas, unha saia enriba doutra.
Seica aos homes chistábanlle entradiñas en carnes, aquelas de cus de cesta, de xamóns e lacóns con bo unto.
A historia das modas é que sempre unhas ou outras temos que andar ao desemulo.
Fun polo vento e vin polo aire
Á taberna do meu compadre
fun polo vento e vin polo aire
lara lalara lalá
e como cousa de encantamento
fun polo aire e vin polo vento.
Ao compadre escapóuselle a leitogada toda… Aló se foi nun dicir amén.
-Non sei que me pasou, dígoche que é cousa de encantamento, eu fun, entrei e xa me vin polo aire, polo vento, di o home todo aturullado.
Os outros rin, rin a cachón e danse nas costas os uns aos outros coma se con eles non fora a cousa. E vai, vai con todos eles!
A alma ten pudores defendidos con reixas de ferro, vergoñas que gusta tapar con
adobíos de chumbo. Cando o carallo dun home cae de calquera xeito e non volve erguer no momento, papa un medo que os cans ouvean na súa orella ventando á morte. O que sexa ben asisado busca por aquí, cachea por acolá e tenta de atopar o caminiño que leva ao picho de ferro da fonte crara.
Camiños haberlos hailos, mais moito machote non ten fe neles.
Maria da cona
Anda tixo!, anda carallo!
María da cona, Amparo do navo
O teu andar me fai namorar.
A María Amparo Dacona Donavo gústalle acender as fogueiras e despois non apagalas. “Calientapollas” dinlle.
Non é cousa de alporizarse porque é unha característica bastante común en rapazas feitas. É común pero bonito no é. Os homes cincelados con madeira de carballo aturan a estas churras e as veces divírtense cos xoguiños delas, pero os homiños de madeira de piñeiro, ou os de fento, unha vez acesos afuman a chou e non hai xeito de apagalos, derritíndose todos, facendo o parvo. O home do conto era todo él de fento e como os andares de María Amparo púñanlle a billa tesa, andaba entrecocido e aldraxaba contra dela coma porco na berra.
O señor cura
O señor cura non baila
porque ten unha coroa.
Baile señor cura baile!
que Dios todo llo perdoa.
Este cura galego non debía de ser porque os de aquí non tiñan por costume pórlle reparos ao baile, eles xa sabían que Dios perdoa… e logo non había de perdoar?
Vexan e comparen…
Ata casar
Cando me case xa teño un galo
xa miña nai non me ten que dalo.
Lara lalara lala
Cando me case xa teño un polo
xa miña nai non me ten que dar todo.
Ai que contentiña está a rapaza! Ai cando chegue o seu casamento! Ai cando chegue o polo repoludo! A moza é limpa de conducta e ten a vontade de non consentir o arrimo como lle aconsella a súa nai. Ela deveza un capitán de navío, e como na primeira mocidade todo semella fácil e facedeiro, pensa esperar a ser casada para ter un galo de séu ao que despelexar.
-Cando me case terei un galo!, di ela. Dos olliños sáenlle unhas pintiñas de inquedanza.
Foi duro, é duro para moitas mulleres a carallada esa de esperar a comer carne ata baixaren do altar. Tivo en Galicia tanta forza como noutros sitios? Penso que non: os muiños, o entroido, as festas, as viñas, o millo e a primaveira no agro tiñan mais empuxe que a ríxida moral.








RSS

