Archivo de 6 septiembre, 2010
11º Relato erótico presentado al juego “¿Qué tengo entre las piernas?
Hoxe preséntovos un relato escrito en galego, ¡¿de quén será??
A VOZ
Gustáballe tanto follar, que en determinadas situacións resultaba unha árdua tarefa ocultar os pensamentos que invadían o seu cerebro cando polos arredores había algún macho que lle entraba polo ollo.
Sempre había un motivo para que lle prendese a chispa. E non necesariamente físico. Ás veces era un xeito de camiñar (os homes coas pernas arqueadas sempre lle pareceron moi atractivos), as mans; non importaba que fosen grandes ou pequenas, aparentemente suaves ou callosas…podía haber algo nelas que prendese a pólvora do desexo. Pero en ocasións era unha simple maneira de estar. Unha mirada. A voz.
So tiña un mecanismo de defensa no que esas sensacións non acudían: no seu traballo. No matadoiro de polos era un autómata. Tal vez o cheiro a pito escaldado, a vísceras frescas ou os traxes brancos con mascariña coartasen pensamentos obscenos.
Pero curiosamente foi na sala de despiece onde aquel día viu como se movía o novo cortador de pescozos. Tíñao de costas e o único que podía percibir era a súa altura. Debía medir 1,90. Polo demáis podía ver o pucho branco, a bata branca, unhas levísimas salpicaduras de sangue na manga esquerda. Era zurdo. Manexaba o coitelo con destreza coa man esquerda.
Pensou que nunca lle metera man un zurdo. Ou si?. Ese pensamento debeu ser o desencadenante. Xa non foi capaz de continuar o traballo con xeito. Cada segundo tiña que mirar a través da mampara para o cortador de pescozos. Ás veces focalizaba a mirada unicamente para a enguantada man esquerda. E imaxinaba os movementos que faría entre as súas pernas, preméndolle as nádigas, acariñándolle as tetas.
Estaba excitada. Ela ben sabía que cando eso acontecía tiña que buscar un xeito de mitigar o seu nivel de desexo. A súa concentración para outras tarefas baixaba de forma considerable; así que decidiu ir ó baño.
Eran uns baños asépticos. O único adxetivo que se lles podía otorgar. Blancos, como todo no matadoiro. Entrou quitándose as lubas de goma brancas e dirixiuse ó lavamans.
Mentras lavaba as mans sentiu como o seu ardor interno mermaba de xeito leve. Ata que ergueu a vista e polo espello puido ver detrás dela, sacándolle máis de duas cabezas ó cortador de pescozos. Tiña a bata branca desabrochada, o pantalón branco baixado e coa man esquerda apreixaba unha polla tesa.
…………………………………….
Qué xénero ten o autor desta fantasía erótica?
Deixa a tua opinión-voto nos comentarios

RSS



