8º Relato erótico presentado al juego “¿Qué tengo entre las piernas?
Hoxe preséntovos un relato escrito en galego, ¡¿de quén será??
Intensidades
Aceleracións arrítimicas, volantazos de desexo, frenadas con rozaduras de ledicia, intermitentes diastólicas, destellos de paixón incontrolada e rodadura deslizante pola costa abaixo do pracer xa inevitable. Mistura de carburantes que son as salivas intercambiadas. Corazóns que bombean co ritmo frenético e concentrado. Pulmóns que buscan un átomo osixénico con auténtico desespero…
E na mirada percibíndose toda a lascivia concentrada nos ollos alleos, próximos, entrepechados, doces, pedindo máis, dando, recibindo, cargándose de bágoas de pracer con salitre de desexo.
E volvendo ó centro do corpo, buscando o nife das sensacións, para mollar a lingua húmeda na acuosa impetuosidade do desexo. E repartilo despois pola pel todiña. Acougando, desaforando, ora con ritmo, ora sin él. E buscar o vértice do pracer para acadar a vértixe que nos arrastra sensacións próximas ó mareo, cercanas á cúspide da lipotimia e nos arrinca da realidade que non sexan os propios corpos envoltos na espiritualidade orgásmica que se aveciña.
Volver amodiño, recuperando, termando, alongando o inevitable para reiniciar un estalido que se adiviña na curva do pezón, na nádiga temblorosa, no beizo carnoso e carnal, pecaminoso ata cando non pensa.
E mirarte cando xa non é posible máis espera. E ver que ti me miras. Non direi todas as palabras que dis. So as resumo na pronunciación linguopalatal, rotunda e mollada dun SÍ imperativo, final, intenso, reiterativo e magnífico, sobre cuxa pronunciación engarzouse o meu orgasmo arredor dos teus ollos e do teu corpo todo…
………….
Qué xénero ten o autor desta fantasía erótica?
Deixa a tua opinión-voto nos comentarios.
————
Se queres saber a autoría, pincha aquí e visitas o seu blog.
Si te gustó esta entrada anímate a escribir un comentario o suscribirte al feed y obtener los artículos futuros en tu lector de feeds.
Comentarios
… claro que si a autora é unha muller moi retorcida poida que fixera un texto pensando cómo un home faría un conto pensando como o escribiría unha muller, me explico? En fin, que tanta INTENSIDADE podería ser una argucia de Zeltia sen ir máis lonxe.
Sin embargo, cheira a macho galaico, insisto.
Seranos de moita axuda o voto da ferrolana, de Maruxela, de Falabarato, de in-side, Mararía,… (non sei si esquezo algún galegofalante novo). Sodes de nova incorporación que ainda non estades contaminados pola VICIOS da convivencia que aquí temos algúns.
Eu estou convencida que é de Chousa, pero non polo galego, que podería ser calquera outro galego dos que che len o blog. Mesmo podería ser eu, que son retorcida dabondo. Incluso pode que estea dicindo isto para confundirvos.
![]()
Pero non vedes que ten que ser de Chousa porque Chousa escribe así, joder.
E se non é él, e alguén que escribe para que todo o mundo pense que é él.
E Chousa, oh, facédeme caso.
Ademais levo unha puntuación boísima:
de 7 relatos adiviñei o xénero do autor en 5 deles.
pero e que de eses 5 en 2 recoñecín a persoa que o scribiu.
E que Chousa é moi recoñecible, para min sí, ten un estilo moi personal, e para Zeltia tamén, polo visto… jaja
Ademáis xa escribira un microerotismo para Vieiros con temática de coche polo medio…
Pero creo que a un Chousa tan intenso nunca o lera… Moi ben, sí, sí, sí que sí… jajaja. Creo que o último paragrafo lino contendo a respiración… ufs..
A mi también me parece lo qiue aescribiría un hombre (y también he pensado quepodría ser Chousa). Veamos si por una vez acierto.
“Aceleracións arrítimicas, volantazos de desexo, frenadas con rozaduras de ledicia, intermitentes diastólicas, destellos de paixón incontrolada e rodadura deslizante pola costa abaixo do pracer xa inevitable.”
Este párrafo é do Chousa por diante e por detrás, que tendes razón, ten un estilo moi seu, un estilo moi de homilía diría eu. Non polo que di, pero sí por como o di.
Claro que poida que che saise algún-a imitadora e nos queira despistar, pero non creo.
Voto HOME DE ANTAS
(vota HOMBRE, Nasi, venga, chaval ¡ya no sé que me da que no des pie con bola!).
Si os parece, mientras seguimos aquí elucubrando lo que, en apariencia, resulta evidente, cuelgo un nuevo Crisol, que ya sabéis que soy una estresada y no os dejo respirar tranquilos.
Falabarato jajaja, o do salitre por aquilo do “mar de zeltia” ¿non?
heiche mandar unha micro-fantasía-erótica -daquí de susana mooo- que escribín eu, para que vexas que diferentes estilos, a ver se despois podes seguir considerando que son eu a autora deste!
Estou con Pitima no senso de que é un relato moi quente, da “primeira á quinta”!
pitima eu tamén vira o microrelato de Chousa en Vieiros, un dos mais votados -eu tamén tiña dous (os meus non ían como Zeltia, que son moi vergoñenta)- e tamén vin os teus, jajaja e o de Susana do 2008, que gañara, o da papuxa na caluga.
(Xa vedes… que aquí queda constancia de todo na memoria difundida)
A pesar del problema de no enterder el gallego (por cierto, es bellísimo, entran ganas de aprenderlo). Creo que es una mujer.
Saludos a todos
O emprego do galego neste texto “incrimíname” con certa alevosía. Pero tede en conta que por estes lares hai moita capacidade adaptativa e…polo menos dudade un chisco!!!
Eu digo:
1. Que si, que son home.
2. Que si, que o relato é meu.
3. Que si, que non tentei esconderme nadiña.
4. Que me gusta que me recoñezades (cando quero ser recoñecido jajaja).
5. Que non me esforcei para amosar a sensibilidade dunha muller (tal como di Cornisa Cantábrica). Simplemente son un home así de sensible! (non teño avoas)
Continuamos a bingo, Susana
Bueno, por se non quedou claro o meu voto, segue sendo HOME
(HOMBRE)
e a pesares do que di Chousa, de que por aquí “hai moita capacidade de adaptación” [de mimetismo incluso],
eu sigo na miña teima de que o escribiches tí, o de Antas de Ulla
ai, houbo cruces de mensaxes!
[chousa, non me sexas tópicamente galego, con ese "e logo"?] jajaja respóstoche igual[porque vai ser?]
E noraboa polo relato, gustoume.
Sí, noraboa Chousa, polo relato, que está moi ben, e tamén por ese estilo único que acompaña aos teus textos alá onde vas. Un honor que veñas aquí.
9 votaron home, 4 muller. Sensible sí, pero con un par que cantan bastante!
como xa viña sobre aviso, namáis lelo vín a Chousa escondidiño entre liñas, así que xa non vai servir o meu voto.
e que Zeltia pasou polo meu blog e me dixo que Chousa escribira e claro…
ay, chousiña, que tamén te chegou a ti o ruxe ruxe e te poñeches a escribir como un po-sexo.
biquiños,
p.d.: pasoume por chegar tarde.

RSS





Non sei. Como está escrito en galego e aquí temos ao Chousa tan acérrimo galegofalante … ocúrreseme a bote pronto que poida que sexa del. Pero tamén a Zeltia emprega a lingua de Rosalía con moito tino como para ter feito este relato.
E hai moit@s outr@s galegos que entran por aquí, Pitima sen ir mais lonxe (pero penso que Pitima escribiría en castelán), está Kaplan,…
Boeno, mesmo poida que sexa un deses que apenas comentan pero que quixeron participar deste xeito.
Pénsoo un cacho, pero de base esa descripción da intensidade mesma do acto, sóame a macho galaico.