Collín, collín, collín.
Collín, collín, collín
claveles e rosas
e pensamen e pensamen e pensamentos.
Pala-pala-pala-palabras amorosas
que leva o ven- que leva o ven- que leva o vento.
Flores collín flores collín
Flores no teu xardín.
.
O tatexo petiscou no alleo e aínda anda a badalalo a boca chea como se fixera gran cousa. Di el que botou palabras amorosas que levou o vento… Cómo non había de levalas? Cómo non había de levar esas palabras galdrumeiras o vento si o home é un choupeteiro que babexa as súas cuitas amorosas no bar entre cunca e cunca? Eses falabaratos que collen a flor a base de melindradas son o demo.
Cada vez abogo mais por sermos nós, as mozas, as que collamos as frores, as que papemos a tarta e as que bebamos da cunca.
.
(Atopei unha imaxe moi adecuada para este conto, pero non puiden importala, deixo o enlace: Namio Harukawa)
Si te gustó esta entrada anímate a escribir un comentario o suscribirte al feed y obtener los artículos futuros en tu lector de feeds.
Comentarios
Dicen por ahí ..”dime de que te vanaglorias y te diré de qué careces”..
Son tantos los que dicen que hacen esto y lo otro, que pudieron con esta o con aquella, pero a la hora de la verdad…. dejan mucho que desear…
En Argentina se les dice fanfarrones o fanfetas, sí de esos que necesitan contar sus “logros” entre copa y copa, entre el escaño y la banqueta… pero a la hora de las sábanas, entre cuatro paredes, son los que buscan y no encuentran, los que quieren y no pueden..
¡Precioso blog, Susana! Deixeiche o meu voto, e tal como digo no comentario que deixei, merecelo moito. E un dos poucos blogs eróticos con moita elegancia. Que teñas moita sorte, e seguímonos vendo por aquí. ¡Besiños!
as imaxes de Namiro H. moi boas, pero non me gusta moito a mensaxe de aplastamento do sexo masculino.
non querería que as mulleres seguiran o mesmo camiño errado que seguiron os homes.
pena de non ter link para a cantiga que non a coñezo
RSS




[...] Susana Moo.Sigue leyendo en http://www.susanamoo.com/2009/08/collin-collin-collin/ [...]