Archivo de 13 junio, 2009
San Antonio milagreiro.
Hoxe no santoral celébrase san Antonio. Qué boíño san Antonio!
Disque se tes necesidade diso que posúen os homes -ai!- e as mulleres non temos, se pregas para conseguir aquelo cóncavo que encaixa co noso convexo, o santo cho concede. Non hai moitos empregados de Deus que intercedan por unha cando a fame está debaixo do embigo, i é de agradecer.
A mesma Rosalía de Castro pregáballe:
Meu santo san Antonio
Daime un homiño
Anque o tamaño teña
Dun gran de millo.

RSS



