As pernas gordas
Tódalas mozas de Bouzas,
levan dous pares de medias
para que digan os homes
que gordas teñen as pernas.
As boucenses non tiñan quen mirara pra elas, coas súas perniñas eslamiadas, coas súas meixelas famentas, que nin cara tiñan para se persignar. Se viviran hoxe serían modelos de pasadela, pero daquela tentaban engordar o seu corpo a forza de iren abrigadas coma repolos ás festas: dous pares de medias, dúas camisas, unha saia enriba doutra.
Seica aos homes chistábanlle entradiñas en carnes, aquelas de cus de cesta, de xamóns e lacóns con bo unto.
A historia das modas é que sempre unhas ou outras temos que andar ao desemulo.
Si te gustó esta entrada anímate a escribir un comentario o suscribirte al feed y obtener los artículos futuros en tu lector de feeds.
Comentarios
Tal cal. É como a moda de antano dos pantalóns de campana; que tapaban os zapatos; ou os mozalbetiños de hoxendía, que van con eles no fondo do cu enseñando o calzoncillo…
Nin tan gordas nin tan flacas, nin no medio da nádiga nin debaixo do sobaco. Sempre compre atopar o termo medio.
(Hoxe falo do textil. Hai cousas nas que o termo medio é un sacrilexio!)
A muller ten que ter formas.As perniñas flaquiñas non che teñen carne.A us homes gustalles as pernas gordas

RSS


utilizabase moito unha expresión, cando un home vía unha muller repoluda do seu agrado:
se collera o sal!!!