A causa do meu querer
E bate fado,
e bate ben,
ti eres a causa
do meu querer.
Bonita de cara, xeitosa de corpo e leda de xenio, non era quen de orgasmar. Tentouno coas mans, tentouno co chisme e mesmo co mozo, pero nada.
A piques, pero nada.
Rezoulle á Virxe, pediullo a san Antoniño e ofreceuse ao Apóstolo pero o que fixo o milagre foi un pantalón vaqueiro moi axustadiño mentres baixaba a todo correr escadas abaixo dende o sétimo.
Sentiu unhas coxeguiñas, pola quinta planta, logo un bulir chistoso xa na segunda, e por fin as explosións en forma de palpitacións chegando á primeira.
Aos días seguintes, convertiu esas sensacións na causa do seu querer, e veña a bater fado, e veña a bater ben..
Si te gustó esta entrada anímate a escribir un comentario o suscribirte al feed y obtener los artículos futuros en tu lector de feeds.
Comentarios
[...] galego expliquei ao meu xeito unha cantiga sobre as pernas gordas, e outra sobre o orgasmo feminino, e no xornal Certo escorei cara a unha sensualidade case alternativa, da que pouco se fala: a [...]
jaja, muchas mujeres descubrimos esas ondas expansivas casualmente. en mi caso mucho antes de saber que existían, porque tener 11 años en la época de franco no era lo mismo que tenerlos ahora!
Y la casualidad fue generosa conmigo más veces… si es que la naturaleza se confabula para que los cuerpos despierten!
Pois como para poñerse como un fideo, veña subir e baixar escaleiras!!!
(Zeltia: tamén podías contarnos esas xenerosidades da natureza; non por Susana e por min, pero ben sabes que o blogomillo está cheiño de xente con moitas curiosidades…)
si home, sí. ![]()
que a naturaleza che enseñe os seus segredos é, precisamente, natural. pero se me poño a contalo en público habería quen se poñería a probar, (para ver se tamén lle produce o das ondas expansivas) e hai cousas que, se sobrepasada a adolescencia pode ser peligroso intentar
{o_-}
boas:
cheguei a ista paxina de rebote, coma se de unha de esas xenerosiades da natura se tratase.
Moitas felicidades pola paxina, encantame
(e desculpade o meu galego, levo uns anos fora da Terra inmersa noutra lingoa)
Grazas rojofuego.
E non te disculpes polo teu galego, eu tampouco sigo a normativa, fago o que podo e sei.

RSS




[...] Susana Moo.Sigue leyendo en http://www.susanamoo.com/2009/04/a-causa-do-meu-querer/ [...]