Ata casar
Cando me case xa teño un galo
xa miña nai non me ten que dalo.
Lara lalara lala
Cando me case xa teño un polo
xa miña nai non me ten que dar todo.
Ai que contentiña está a rapaza! Ai cando chegue o seu casamento! Ai cando chegue o polo repoludo! A moza é limpa de conducta e ten a vontade de non consentir o arrimo como lle aconsella a súa nai. Ela deveza un capitán de navío, e como na primeira mocidade todo semella fácil e facedeiro, pensa esperar a ser casada para ter un galo de séu ao que despelexar.
-Cando me case terei un galo!, di ela. Dos olliños sáenlle unhas pintiñas de inquedanza.
Foi duro, é duro para moitas mulleres a carallada esa de esperar a comer carne ata baixaren do altar. Tivo en Galicia tanta forza como noutros sitios? Penso que non: os muiños, o entroido, as festas, as viñas, o millo e a primaveira no agro tiñan mais empuxe que a ríxida moral.
Si te gustó esta entrada anímate a escribir un comentario o suscribirte al feed y obtener los artículos futuros en tu lector de feeds.

RSS




As carnes do galo case seguro que xa as probou no galiñeiro, pero certo é que a moza parece que se resistiu aos muiños e pallozas e anda desesperada pra casarse e saborea-lo polo … ou a pola.