nin eu llo pedín, nin ela mo deu
Cantiga
E para que non digan
que tal o que cual
que fun ou non fun
que tal que sei eu…
nin eu llo pedín
nin ela mo deu.
Gozaba eu da primeira mocidade e coma rapaza movida que era, tiña un fato de mozos que rebulían á miña beira i eu falaba con todos pero con ningún me comprometía: non había un que me enchera o ollo.
Sen embargo un deles facíame máis tilín. Non era guapo de cara nin tiña corpo, pero o seu piquiño de ouro comezou a me namorar (dende pequena sentín admiración polos homes de semántica altisonante).
O polo, que se chamaba Moncho e era un cacho máis vello ca min sabía agasallar ás mulleres e sempre me andaba a gabar. Non facía referencia ás miñas carnes saborosas, nin aos atributos femininos que soen ser comentario entre os homes. Era máis refinado, moito máis refinado e falábame, por exemplo, do impacto que producía nel mirar os meus pes, aos que adornaba cos adxectivos máis rebuscados. Eu abría os ollos como pratos e me admiraba do estudado que era o Moncho.
Empezamos a saír xuntos tacitamente, sen declaracións explícitas. El falaba e falaba de todo un pouco pero sobre todo gustáballe profundar en asuntos sexuais, facendo de profesor teórico no que non debería ser outra cousa máis que práctica. Gastaba as horas a parolar pero nunca me puña unha man enriba. Hei de recoñecer que as súas explicacións producían un inmenso efecto na miña fisionomía e as veces sentíame a ferver e entrábanme suores propios dunha muller co corpo saniño e festexeiro… pero esperaba que dera el o paso porque así consideraba que debía ser o meu roll feminino.
Facía tempo que eu xa tiña ganas de probar a brincadeira, tiña case tantas ganas de probar a froita prohibida como teño agora de que a xente lea o que escribo. Na miña mente de adolescente puxera a meta da liberación da membrana aos dezaoito.
-Non podo chegar aos dezaoito sendo virxe, dixera eu para min, nunha desas máximas que teñen as noviñas.
A data chegaba e tiña toda a intención de pórlle remedio. Moncho comezou a ser o favorito na miña lista de candidatos a rompedores de himen, así que cando me citaba con el me peiteaba e calzaba bonita e puña a ilusión toda nese encontro. Pero o Moncho nin subía nin baixaba, o home non se decidía a dar o paso de collerme cos seus brazos e bicarme a boca e meterme a lingua e lamber a miña caluga e as miñas orellas e me desvestir para apalpar eses meus peitos palpitantes… eu devecía.
O conto virou unha noite de festa no “Regata”: coñecín a un capitán de Navío cos ollos verdes e tatuaxe no embigo. Era de fóra e tiña un corpo como para caer de cu e unha seguridade en si mesmo como so poden ter os parvos. Fixouse en min e eu craveille a frecha. Como a rapaza voluble que era, pareceume de súpeto que ese era o indicado para “facerme muller” e marchei á praia con el. Fixo o traballo que eu ansiaba limpamente e maila que non vin luciñas de cores, tampouco vin as estrelas. Foi eficiente a nivel profiláctico e agarimoso cando soubo que era a miña primeira vez.
O coitado do Monchiño quedou sen pastel por andar a velas vir, por andar a mexar en redondo e non terme fodido ben fodidiña dun carallo dunha vez.
Si te gustó esta entrada anímate a escribir un comentario o suscribirte al feed y obtener los artículos futuros en tu lector de feeds.
Comentarios
Encanto, mándame un correo para mandarte alguna cosilla que te puede interesar a nivel poético, también…, jejeje.
Besos poco poéticos y más Kañeros en la punta de… de donde tú sabes…
Está muy bien este relato.Gracioso y entretenido.Tubiches sorte de ter ese mancebo a tua primera vez.

RSS




Unha das ensinanzas de Moncho é que para chegar a capitán de Navío ai que pasar por cadete-mariñeiro. O Moncho non sabía que había capitáns desvirgadores, e igual tiña él que buscar a unha mariscadora de aguas tomar para que lle desvirgue a él.
A cousa foi como tiña que ir.