Pelos na cona
Aquela muller mal raio a coma!
fixo unha saia cos pelos da cona.
A muller tiña un enxambre poboado e farturento, tiña unha silveira espesa na parte baixa da barriga que, de intentalo, habería que acceder ao seu interior con sacho, tiña tanta lá embrullada como para facer unha saia…ou unha almofada, ou un colchón. Esa selva africana turraba polo xenio das agoreiras e botábanlle o mal de ollo:
- Mal raio te coma!, dicíanlle as bruxas.
Este cantar representa a envexa que sinten algunhas mulleres pola bonitura das outras. Para os nosos anceios a abundancia de pelo púbico era síntoma de louzanía e as mulleres gabábanse del.
Si te gustó esta entrada anímate a escribir un comentario o suscribirte al feed y obtener los artículos futuros en tu lector de feeds.
Comentarios
desde este outono de fuciño humedo e pezuñas de brasas convócoche á mesa en rama que fondeada no ceo rasante, maromas e cabos de locuaz fume, sinalan, sen dúbidas, o lugar exacto das charlas en flor.
Todo podrece como musica inaudible, e reverdecen as brasas rn as ramas de cinza: É posible que novembro cociñe o mosto dos soles maduros e aplaque o aroma de animal famento da neve que merodea a alma.
Y es ese matojo de benditos sarmientos la promesa
de un hogar para dedos nomadas y clandestinos, los que aman
los manantiales del fuego…
RSS




“O señor cura dixo que ía ao cuarto de arriba
pregunteille a que ía
o señor cura dixo que ía por nada
o señor cura ía ao cuarto de arriba
a mollar a súa pluma no tinteiro da criada”. (Cantar de cego aproximado)
Tería pelos ese tinteiro? E o señor cura na súa pluma? Que lle pasa á xente agora que non quere pelos en ningún lado?