As cantigas quentiñas
Encántame a sensualidade implícita ou explícita dos cantares populares galegos. Encántame a ironía leda no tema sexual.
Penso que todos eses alalás teñen moito que aprendernos para cando chega o devezado intre da cópula, moito que aprendernos e tamén moito para facernos escachar coa risa.
Emulando a Rosalía de Castro en “Cantares galegos” (obra que me engaiola) recopiei estrofas dalgúns cantares e fixen contiños ou explicacións máis ou menos fantasiosas de diferentes asuntos relacionados coa sensualidade.
Irei metendo estes contos en entradas do blog, pero quedan todas recopiladas na categoría “cantigas quentiñas”.
Si te gustó esta entrada anímate a escribir un comentario o suscribirte al feed y obtener los artículos futuros en tu lector de feeds.
Comentarios
Gracias pola visita Susanomo. Xa vin o das cantigas. Está ben. Está claro que os galegos e galegas temos retranca ata nas cantigas. E tamén retranca erótica. Cantigas de amigo, nas de amor,… Desde a época dos trovadores ou vaite ti a saber. Felicidades polo blog porque toca diversos aspectos dun mesmo tema.
Un saúdo, e visítanos e participa enviando comentarios. Invitada quedas.

RSS




“Unha vella no tempo dos mouros fixo da cona unha praza de touros… ” Refíreste a este tipo de obscenidades? Cantas se estarán a perder agora nas memorias das vellas galegas que ían ás muiñadas e están a morrer!