Archivo de 1 octubre, 2008
As cantigas quentiñas
Encántame a sensualidade implícita ou explícita dos cantares populares galegos. Encántame a ironía leda no tema sexual.
Penso que todos eses alalás teñen moito que aprendernos para cando chega o devezado intre da cópula, moito que aprendernos e tamén moito para facernos escachar coa risa.
Emulando a Rosalía de Castro en “Cantares galegos” (obra que me engaiola) recopiei estrofas dalgúns cantares e fixen contiños ou explicacións máis ou menos fantasiosas de diferentes asuntos relacionados coa sensualidade.
Irei metendo estes contos en entradas do blog, pero quedan todas recopiladas na categoría “cantigas quentiñas”.

RSS




