A Papuxa na caluga (ou a cona na chepa)
Hoxe vai un microrrelato en galego titulado “A papuxa na caluga”, despedindo o verán e a época de conciertos, tan emocionantes sempre.
Toca Siniestro. É verán. Castrelos reborda enerxía.
Metémonos no mogollón. Teño diante un mangallón saltando e suando. Xírase e sorrí (dáse de conta de que o meu tamaño non me permite ver un carallo).
- ¿Queres subir ás miñas costas? Acepto. Agora son a máis alta.
Botamos. Ten os ombros amplos e a caluga quentiña, síntome excitada. Movo as cadeiras como quen segue o ritmo. Frótome contra o lombo do tipo, que semella disfrutar coma un anano. Os músicos tocan, a xente baila e eu córrome aquí enriba, berrando coma tola, sen que ninguén sospeite.
Si te gustó esta entrada anímate a escribir un comentario o suscribirte al feed y obtener los artículos futuros en tu lector de feeds.
Comentarios
[...] ( Soy fan de los siniestros. Los que leais en gallego podeis leer el microrrelato explicativo de porque me gusta Siniestro Total ) [...]
Hai unha campaña nun xornal por aí que consiste en levar unha camisola que pon “I´m from Lugo and I don´t deny it”
Ti de Lugo non creo, pero que remata en Go o teu lugar de residencia non me estranaría nadiña… !!!
Eu non sei se é da forza que ten o galego, da intensidade de Siniestro ou do marco incomparable de Castrelos; pero este orgasmo vigués ten unha potencia moi intensa…
Bicos

RSS




[...] tanta emoción tiña, presentei contiños pequerrechiños a esgalla: “Lambe!” e “ A papuxa na caluga, “Xeado quente” , “Bifálico”, entre outros. Gañei o segundo premio, [...]