O remo teso de David Cal
Contentoume que David Cal fora o abandeirado de España onte en Pekin. Quixera que David gañara moitos ouros nestas olimpíadas por un motivo sexual. O noso David estache moi ben. Claro, pasou a meirande parte da súa mocidade a remar nas nosas augas. Os bañistas podían mirar ao noviño David vogando pola ría adiante, suando a camiseta ao sol, rebentando os seus bíceps e tríceps na praia de Aldán. Era espectáculo de mirar, entrenando en inverno con vento e marea, con esa forza de espírito dun deportista de élite, co seu potente corazón bombeando o sangue todo polas veas inflamadas debaixo desa pel cheirando salitre.
De seguro que o noso David alimentouse de oviños da casa e moletes de pan, tamén papaba sigalas, sentolos, longueiróns, sardiñas con pan de millo en san Xoán e o cosido do día de Reis, en Carnaval facía máscaras e logo engulía as filloas e tamén lle pegaba ben as orellas (que agora sexa cara dunha marca de pizzas é un capítulo da vida de David Cal que prefiro esquecer). Canto lle cumpriron as nosas galdrumadas!
É guapo David e mais bo mozo. Representa o melloriño da nosa terra: eses homes traballadores, con vontade de ferro. Con vontade e con músculos de ferro fundido.
Cómo emocionou David ás mulleres da casa cando o miramos gañar no televisor! Cómo nos contentou miralo na pantalla con esa forza de cen bois, con esa potencia de mariñeiro! Recordades o seu xeito de erguer os brazos aínda metido na canoa? Recordades cómo amosou fachendoso as súas axilas, cómo estendeu os fornidos pectorais e fixo o signo da vitoria, cómo latexaba de ledicia debaixo desa apertadiña camiseta mollada… debaixo desas axustadas mallas de neopreno?
Desexo volver a ver gañar a David, para que as mulleres todas da casa volvamos ter esa ledicia íntima.
(Quixera ter posto unha foto dese intre de ledicia, no que chegaba á meta en Atenas 2004 pero desgraciadamente non a atopei)
Si te gustó esta entrada anímate a escribir un comentario o suscribirte al feed y obtener los artículos futuros en tu lector de feeds.


RSS


Eu tamén recordo a vitoria triunfal de David Cal. Pena non ter as imaxes.
Noraboa polo blogue.