Erotómana

SusanaMoo

¡Atención!. No recomendado para menores. ¿Porqué?

  • Blog
  • Mis cuentos eróticos
  • placer en la lectura
  • Por qué soy erotómana
  • voyeur y exhibicionista
  • Sherezade proletaria
Erotómana » Cantigas quentiñas » A praia dos alemáns

A praia dos alemáns

Publicado por SusanaMoo
13 agosto, 2008

Quen puidera ser merliño
E ter o pico encarnado
Para facer o meu niño
no teu cabelo dourado.

Feni. Women Bathing, 1835

Feni. Women Bathing, 1835

O conto foi que o rapaz fora a praia dos alemáns , gustoulle e voltaba ano tras ano co seu libro nas mans e seus anceios nos miolos, sempre soíño, sempre asexando. Gustáballe o sol quentando o cu, gustáballe nadar en cirolas e pasear co pinganiño choutando entre as pernas, pero sobretodo gustaba de mirar ás mulleres nesa nudez real tan desemellante á nudez das revistas. As ollaba porque o inspiraban e logo tiña todo o inverno para rememoralas e darlles pleitesía na soidade do seu cuarto. Aquela concupiscencia promiscua cesou cando descubriu á loura da papuxa dourada, entón foi fiel: xa so fitaba o niño da serea ata o solpor . A moza bonita non era, de perna longa e cacha abundante, tiña una perrechiña roxa que mesmo semellaba botar faiscas por ela. O home namorou da posuidora dese fato de pelo rizo, desa coniña pudorosa, tan abrigada con lá de ovella nova. O sexo do mozo púñase dondo espachurrado entre a toalla e o seu corpo salaiando por entrar nese niño fogareiro. O su merlo de pico encarnado quería escapar, pousar nas ebras rizadas da muller e medrar aló. O seu paporroibo estaba quente coma ola de caldo ao lume e él non foi quen de falar coa moza do niño dourado en todo santo verán.

Share
Tags: cantigas eróticas, erotismo galego, voyeurismo
Cantigas quentiñas

Si te gustó esta entrada anímate a escribir un comentario o suscribirte al feed y obtener los artículos futuros en tu lector de feeds.

Comentarios
Comentario by Otero Regal el septiembre 22, 2008 @ 10:46 am

Eu, cando teño tempo son asiduo da praia dos alemans, por certo o nome ten unha curiosa e longa historia que mixtura nacismo, posguerra e nudismo….un saudo e graciñas por os teus eloxios o meu blog A MALIÑA DE LUGO.
Otero Regal

Comentario by admin el septiembre 24, 2008 @ 3:53 pm

O de nacismo non o sabía. Eu pensaba que chamábanlle así porque viñan os viquingos veraneantes, con tanta tradición de andar en cirolas…
Grazas pola información, pero quedo con ganas de saber máis…
susanamoo

Comentario by mujer5 el septiembre 24, 2008 @ 4:10 pm

Nacismo? Postguerra? Esplícate Otero, por favor…

Comentario by Otero regal el septiembre 24, 2008 @ 6:58 pm

Bueno, bueno pis ahi vos conto o asunto eu nacin fai moitos anos ali o lado…e cando teño tempo son un nudista confeso, de por si eu son a fonte de informacion da praia en moitas guias,… a praia como sucede co das catedrais tiña outro nome, chamaselle dos alemans dende a decada dos 40.
Na bisbarra, concretamente na parroquia de Fazouro, do concello de Foz descubreu un catalan Ferré os xacementos mais puros caolin do continente, no lugar de San Andres, despois da da segunda guerra mundial a Rosental, prestixisisima fabrica de poprcelana alemana, quedou sin xacementos tras a division de Alemania, e souperon das minas de Fazouro e mercaronllas a ferré por 12 millons de pesetas da epoca, montaron uns lavadeiros do mineral en Burela e mandaron de encargados das explotacion a alemans, algun deles con notorios antecedentes nacis, dicese que os agachaban aqui para non ter que responder as leises de responsabilidade , pois ben, como e sabido, os nacis eran naturistas ou nudistas e aqueles tamen, localizaron a prais construiros unhas escaleiras para baixar e ali tomaban o sol, de ahi que a xente de a zos empezaron a chamarlle a praia dos alemans, ademais a estes , que exercian de capitostes non lles gustaban os miros.
Toda unha historia da historia…por certo Susana, eu crein que eras de por aqui, por citar a praia…por certo tamen nesa praia existe ultimamente un recuncho a o fondo a dereita de unha pandilla de OSOS AMOROSOS,,,, e miros e xente que podia moi ben ser a protagonista do teu conto…
nada mais gracias por leerme en A MALIÑA DE LUGO, e si un dia ves por a Bisbarra http://www.oteroregal.com ahi tes o enderezo.

Comentario by admin el septiembre 24, 2008 @ 7:24 pm

O conto é que non é a única praia chamada “dos alemáns”, nas Cies hai unha, e no Morrazo outra pequeniña… ambalasdúas nudistas, eu me inspirei na das Cies, que se non a coñeces recoméndocha!! Grazas pola interesante información.
susanamoo

Comentario by Andrés López el marzo 10, 2009 @ 7:52 pm

Que bo! Que ben! As confusións sempre traen fonda materia literaria: mirade como nos enteramos dunha historia nomeando outra!

Otero: lamento comunicarche que os nazis non eran nudistas. Iso era un símbolo de decadencia para eles. Chegaron ao poder xusto ao pouco de estenderse moito o nudismo e o naturismo -que teñen semellanzas pero non son o mesmo- en Alemania (alí se abriu o primeiro campo nudista da historia). Pero os nazis QUEIMARON libros de naturismo e nudismo. Supoño que moitos o seguirían practicando en segredo, porque unha vez que se proba, é difícil deixalo.

Escribe un comentario

(requerido)

(requerido)


Categorías

  • Biografías eroticamente interesantes
  • Cantigas quentiñas
  • cine erótico o de temática sexual
  • Crisol Púbico. Novela erótica en capítulos
  • cuento erotico
  • Erotismo en la mitología griega
  • Jugando a ser sexóloga
  • Memorias eróticas
  • Microrrelatos Eróticos
  • mis lecturas eróticas
  • mis lecturas eróticas
  • Noticias sexuales
  • pies hermosos
  • Red sensual
  • Relato erótico interpretado con voz
  • relatos eróticos escritos por lectores para el juego "¿Qué tengo entre las piernas?
  • Sin
  • Uncategorized

Archivo

  • febrero 2012
  • enero 2012
  • diciembre 2011
  • noviembre 2011
  • octubre 2011
  • septiembre 2011
  • agosto 2011
  • julio 2011
  • junio 2011
  • mayo 2011
  • abril 2011
  • marzo 2011
  • febrero 2011
  • enero 2011
  • diciembre 2010
  • noviembre 2010
  • octubre 2010
  • septiembre 2010
  • agosto 2010
  • julio 2010
  • junio 2010
  • mayo 2010
  • abril 2010
  • marzo 2010
  • febrero 2010
  • enero 2010
  • diciembre 2009
  • noviembre 2009
  • octubre 2009
  • septiembre 2009
  • agosto 2009
  • julio 2009
  • junio 2009
  • mayo 2009
  • abril 2009
  • marzo 2009
  • febrero 2009
  • enero 2009
  • diciembre 2008
  • noviembre 2008
  • octubre 2008
  • septiembre 2008
  • agosto 2008
  • julio 2008

RSS

     RSS
  • Microrrelatos Eróticos
  • Microrrelatos Eróticos
  • Comentarios recientes

    • lorena en Ni polla en la olla, ni coño en el chollo.
    • Tiberyas en Feo y cochinote, el rey del porno.
    • Chousa da Alcandra en Ni polla en la olla, ni coño en el chollo.
    • Kaplan en Ni polla en la olla, ni coño en el chollo.
    • Kitkat en Ni polla en la olla, ni coño en el chollo.
    • Zeltia en Ni polla en la olla, ni coño en el chollo.
    • Maruxxxxxela en Ni polla en la olla, ni coño en el chollo.
    • @tudanco en Ni polla en la olla, ni coño en el chollo.
    • Kitkat en Ni polla en la olla, ni coño en el chollo.
    • Coyote en Ni polla en la olla, ni coño en el chollo.
  • Estoy en facebook

    Mis pies
  • Mi selección

    Mi querido amigo
    El juego sexual de una bibliófila
    Piltrafilla
    Adán y la manzana
    Eva y la manzana
    Cana al aire, pelillos a la mar
    El juego sexual de perrita
    El juego sexual de un matrimonio castizo
    El juego sexual íntimo
    Una historia para los fetichistas de los piés.
    Mi marido y yo
    Gangsters
  •  

    agosto 2008
    L M X J V S D
    « jul   sep »
     123
    45678910
    11121314151617
    18192021222324
    25262728293031
  • Microrrelatos Eróticos
  • Meus escritos en galego

    Escritora erótica
  • De paseo

    • Mi otro blog, donde encontraréis los sitios que visito.

Creado con Wordpress | RSS| Tema WP Remix traducido por Fernando y adaptado por susanamoo.
Copyright 2012. Erotómana. Condiciones de uso. Todos los derechos reservados

  • Blog
  • Mis cuentos eróticos
  • placer en la lectura
  • Por qué soy erotómana
  • voyeur y exhibicionista
  • Sherezade proletaria