O clítoris
Escoitade a falabarato:
Clip de audio: Es necesario tener Adobe Flash Player (versión 9 o superior) para reproducir este clip de audio. Descargue la versión más reciente aquí. También necesita tener activado Javascript en su navegador.
“E pousa e pousa e pousa
e non me toques naquela cousa
lara lalara lalá
e pousa e pousa axiña
e non me toques naquela cousiña”
O cantar, en boca de muller, di en imperativo: “pousa!”, e repite: “pousa!”, e aínda esixe por terceira: “pousa axiña!”. É evidente que á muller pícalle alí, pero bira de súpeto e di que aquela cousiña mellor non.
A “cousiña”, non hai que ser menciñeiro para darse de conta, é o clítoris.
Xeración tras xeración as nais ensinan cantado aos fillos que ás mulleres gústanos que apalpedes pero que vos absteñades de agarrar o garbanciño. Aínda hai algún paspán farto de escoitar o “pousa pousa” que segue a facer o parvo na ameixa da súa dona.
Porque, e aquí vai o meu consello, se queres darlle gusto á túa moza, pousa a manciña na papuxa dela un bo anaco sen movela, so sentindo a calor, concéntrate na vida que se alberga dentro dese cofre, non o abras, deixa que bula, aniña coa man esa parruliña palpitante e sorrí cando comece a se mollar. Verás qué enchenta.
Claro e limpo coma o millo recén mallado: pousa axiña e non toques aquela cousiña.
…
Poida que lle interese ler a entrevista que me fixeron de titular:
“Non hai mellor educación sexual que cantar o ‘pousa, pousa, pousa’ arredor da mesa cos tíos, primos e avós”
Si te gustó esta entrada anímate a escribir un comentario o suscribirte al feed y obtener los artículos futuros en tu lector de feeds.

RSS





Pois a min gústame que toquen a cousiña